mércores, 10 de abril de 2019

Viaxes en bici

                         
                           

Ola mundo:

Vouvos a falar dalgunhas das saídas que fixen por Galicia co club de BTT (bicicleta todo terreno).
Recordo que a primeira foi a Santiago de Compostela que é unha cidade moi bonita e que ademais alí viven os meus avós que viñeron a verme.
En Ferrol canseime moito. Foi a máis dura porque era todo costa arriba. Tamén estiven en Arteixo  que está preto da cidade da Coruña.
E por último cando fun a Vigo gustoume moito. Comimos na cidade e paseino moi ben.


                                                                  Imaxes CC Sonense
 

Viaxe a Tenerife



                       




Ola mundo:

A última viaxe que fixen foi a Tenerife. Fumos a un hotel super chulo. Tiña 3 piscinas, a habitación grande con xogos, podíamos comer todo o que queríamos, había xogos dentro e fóra da piscina. Tamén fumos ao Siam Park que é o mellor parque acuático do mundo. A subida ao Teide foi impresionante. Era moi alto, moi boas vistas e ata vin neve.


                                                   Pixabay

martes, 9 de abril de 2019

Vlog


Ola mundo:

Hoxe, neste vídeo vos explico un dos deportes que me gusta facer: andar en bici





martes, 2 de abril de 2019

Noticia da semana 2


Ola mundo:

Noticia: "Oito semanas de permiso de paternidade"

Fontes de información: tve1 informativos
                                         web: el mundo.es


Resumo da noticia: Dende o luns 1 de abril amplíase o permiso de paternidade. De cinco pasa a ser de oito semanas. As dúas primeiras son obrigatorias e o resto pódense repartir durante o primeiro ano do bebé. Tense previsto que o permiso aumentará no 2020 a 12 semanas e no 2021 a 16.

Opinión crítica: Eu penso que é moi boa idea porque o pai tamén debe pasar o mesmo tempo co seu bebé igual que a súa nai.  o pai é moi importante porque axuda á nai que ao principio sempre se pode atopar indisposta e o bebé precisa de moitos coidados.





                                             Imaxe de google


martes, 26 de marzo de 2019

Noticia da semana 1



Ola mundo:

Análise crítica dunha noticia da semana 1


  Noticia :"Loita contra os incendios en Galicia".

  Fontes de información:  TVG Telexornal mediodía
                                            WEB: galiciahoxe.com

Resumo da noticia.
Están rexistrados vinte incendios en Galicia. Os máis perigosos son os de Dodro e Rianxo. A maioría foron intencionados. Hai que acabar contra esta lacra dos incendiarios. O forte vento do nordés dificulta os labores de extinción. Os equipos de extinción impediron que o lume chegara as vivendas e as estradas. Tiveron que cortar o tráfico na autovía do Barbanza e a estrada antiga de Rianxo. En Rianxo dous centros escolares foron desaloxados pola intensa fumerada. 

Opinión crítica.
Eu penso que se debe castigar fortemente a estos incendiarios que prenden lume sabendo que poden facer moto dano. Todo ser vivo pode morrer e a xente pode perder a súa vivenda. Admiro a labor que fan os equipos de extinción, xa que gracias a eles apagan o lume e axudan á xente a conservar as súas vivendas arriscando as súas vidas.


                                           Imaxe de google

mércores, 20 de marzo de 2019

As primeiras viaxes



                                 As primeiras viaxes
Ola mundo!


Vou falar dalgunhas das miñas viaxes. Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) foi a primeira viaxe que fixen coa miña familia. Fun á casa dos meus tios. Era pequeno pero recordo que me gustou moito. Casi sempre imos todos os veráns. Alí podo ir todos os días á praia e bañarme todo o que queira non coma aquí que moitas veces chove e non podemos. Tamén imos ao Aquapark e facemos excursións.

Outra viaxe que me encantou foi un agasallo pola primeira comunión da miña irmá e miña que foi ir a Disneyland en París. Fumos catro días nos que disfrutei de casi todas as atraccións que había porque eran moitas. A que máis me gustou foi a do piratas do caribe: ibas nun barco e mollábante, había tumbas e tesouros. Tamén a de Peter Pan estivo ben porque parecía que voabas coma na película, veía estrelas e imaxes coma na película. En fín pasámolo moi ben. Un día fumos á cidade de París. Parecéume moi grande. Non poidemos ver todo porque tiñamos pouco tempo pero subimos á Torre Eiffel, vimos o Arco de Triunfo, o museo de Louvre que era enorme e canseime un pouco. O paseo en barco polo río Sena estivo moi ben e a catedral de NotreDame pero non entramos porque había moita cola. A mín pareceume ver ao jorobado de NotreDame jejeje.. En Allaríz, recordo bañarme no río e que estaba a agua moi fría pero pasámolo moi ben. Fumos ao museo dos xoguetes e dimos motivos paseos. É un pobo moi bonito.
                                            pixabay

A miña primeira entrada


Ola mundo!


Gustaríame publicar nun blog as viaxes que fixen dende que era pequeno ata agora e as 
que me gustaría facer. Outro tipo de contido serían os deportes, tanto os que fago coma outros que me gustan e por último receitas, sobre todo postres. 



                                                  pixabay