martes, 26 de marzo de 2019

Noticia da semana 1



Ola mundo:

Análise crítica dunha noticia da semana 1


  Noticia :"Loita contra os incendios en Galicia"

  Fontes de información:  TVG Telexornal mediodía
                                            WEB: galiciahoxe.com

Resumo da noticia.
Están rexistrados vinte incendios en Galicia. Os máis perigosos son os de Dodro e Rianxo. A maioría foron intencionados. Hai que acabar contra esta lacra dos incendiarios. O forte vento do nordés dificulta os labores de extinción. Os equipos de extinción impediron que o lume chegara as vivendas e as estradas. Tiveron que cortar o tráfico na autovía do Barbanza e a estrada antiga de Rianxo. En Rianxo dous centros escolares foron desaloxados pola intensa fumareda. 

Opinión crítica.
Eu penso que se debe castigar fortemente aos incendiarios que prenden lume sabendo que poden facer moto dano. Todo ser vivo pode morrer e a xente pode perder a súa vivenda. Admiro a labor que fan os equipos de extinción, xa que gracias a eles apagan o lume e axudan á xente a conservar as súas vivendas arriscando as súas vidas.


                                           Imaxe do incendio. Fonte de     google

mércores, 20 de marzo de 2019

As primeiras viaxes



                                 As primeiras viaxes
Ola mundo!


Vou falar dalgunhas das miñas viaxes. Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) foi a primeira viaxe que fixen coa miña familia. Fun á casa dos meus tíos. Era pequeno pero recordo que me gustou moito. Case sempre imos todos os veráns. Alí podo ir todos os días á praia e bañarme todo o que queira non coma aquí que moitas veces chove e non podemos. Tamén imos ao Aquapark e facemos excursións.

Outra viaxe que me encantou foi un agasallo pola primeira comunión da miña irmá e miña que foi ir a Disneyland en París. Estivemos catro días nos que disfrutei de casi todas as atraccións que había porque eran moitas. A que máis me gustou foi a do piratas do caribe: no barco mollábante, había tumbas e tesouros. Tamén a de Peter Pan estivo ben porque parecía que voabas coma na película, vía estrelas e imaxes coma na película. En fin pasámolo moi ben. Un día visitamos á cidade de París. Pareceume moi grande. Non peidemos ver todo porque tiñamos pouco tempo pero subimos á Torre Eiffel, vimos o Arco de Triunfo, o museo de Louvre que era enorme e canseime un pouco. O paseo en barco polo río Sena estivo moi ben e a catedral de NotreDame pero non entramos porque había moita cola. A min pareceume ver ao jorobado de NotreDame jejeje.. En Allaríz, recordo bañarme no río e que estaba a auga moi fría pero pasámolo moi ben.
                                       Imaxe de Disneyland. Imaxe de Bunzellisa fonte de     pixabay

A miña primeira entrada


Ola mundo!


Gustaríame publicar nun blog as viaxes que fixen dende que era pequeno ata agora e as 
que me gustaría facer. Outro tipo de contido serían os deportes, tanto os que fago coma outros que me gustan e por último receitas.



                                                  pixabay