mércores, 10 de abril de 2019

Viaxes en bici

                         
                           

Ola mundo:

Vouvos a falar dalgunhas das saídas que fixen por Galicia co club de BTT (bicicleta todo terreo).
Recordo que a primeira foi a Santiago de Compostela que é unha cidade moi bonita e que ademais alí viven os meus avós que viñeron a verme.
En Ferrol canseime moito. Foi a máis dura porque era todo costa arriba. Tamén estiven en Arteixo  que está preto da cidade da Coruña.
E por último cando fun a Vigo gustoume moito. Xantamos na cidade e paseino moi ben.


                                                                  Imaxes CC Sonense
 

Viaxe a Tenerife



                       




Ola mundo:

A última viaxe que fixen foi a Tenerife.O hotel era moi chulo. Tiña 3 piscinas, a habitación grande con xogos, podíamos comer todo o que queríamos, había xogos dentro e fóra da piscina. Tamén visitamos o Siam Park que é o mellor parque acuático do mundo. A subida ao Teide foi impresionante. Era moi alto, moi boas vistas e ata vin neve.


                                                Imaxe do Teide. PhilippeFitties fonte   Pixabay

martes, 9 de abril de 2019

Vlog


Ola mundo:

Hoxe, neste vídeo vos explico un dos deportes que me gusta facer: andar en bici





martes, 2 de abril de 2019

Noticia da semana 2


Ola mundo:

Noticia: "Oito semanas de permiso de paternidade"

Fontes de información: tve1 informativos
                                         web: el mundo.es


Resumo da noticia: Dende o luns 1 de abril amplíase o permiso de paternidade. De cinco pasa a ser de oito semanas. As dúas primeiras son obrigatorias e o resto pódense repartir durante o primeiro ano do bebé. Tense previsto que o permiso aumentará no 2020 a 12 semanas e no 2021 a 16.

Opinión crítica: Eu penso que é moi boa idea porque o pai tamén debe pasar o mesmo tempo co seu bebé igual que a súa nai.  o pai é moi importante porque axuda á nai que ao principio sempre se pode atopar indisposta e o bebé precisa de moitos coidados.





                                           Imaxe de paternidade. Fonte de google