domingo, 26 de maio de 2019

Tsunami na Pobra do Caramiñal

TSUNAMI NA POBRA DO CARAMIÑAL
                                                         300 DESAPARECIDOS

                           Imaxe do destrozo do tsunami. Imaxe de Wikilmages fonte de pixabay                                                                                                   



MIGUEL P.G 
A POBRA DO CARAMIÑAL   05/06/2019/12:00

Hoxe, 20 de maio encontráronse 100 mortos e hai 300 desaparecidos tras o tsunami producido na praia de Cabío da Pobra do Caramiñal. A xente escapou como puido aos sitios máis altos. Antes de producirse o tsunami, un forte vento tirou con todo o que había nas terrazas, a policía tamén di que houbo olas de máis12 m de altura. O equipo de salvamento non para de traballar atendendo aos feridos e rescatando e buscando aos desaparecidos.
                                     
                  

martes, 21 de maio de 2019

Viaxe a Cabárceno

Ola mundo:

A viaxe deste ano ao Courel, fíxome lembrar outra que tamén fixen cos meus compañeiros e compañeiras en 6º de primaria. Fumos á Cabárceno 4 días. O primeiro día coñecemos o albergue, o segundo fumos ao parque de Cabárceno (onde vimos un montón de animais no seu hábitat: elefantes, xirafas, focas, monos, leóns, aves rapaces, serpes..), o terceiro día pola mañá fumos ás tirolinas e pola tarde a Santander. O último día, antes de volver para Pobra vimos as Covas do Soplao. Foi unha viaxe divertida porque ademais de ver moitas cousas, todos os días nos fixeron unha festa no albergue con música, xogos... En fin que estivo moi ben.

                                                            pixabay

Viaxe ao Courel


Ola mundo:

Hoxe vou recordar unha viaxe que fixen este ano cos meus compañeiros e compañeiras de 1º ESO e coas mestras Nerea, Cristina e María. O venres 26 de abril saímos do instituto e chegamos ao Courel. O primeiro que fixemos foi ver dous museos de historia: un de máquinas(que foi o que máis me gustou) e outro de natureza. Despois de xantar, vimos un castro e de paseo pola montaña. Pola noite durmimos do cansados que estabamos. O sábado fumos á neve e visitamos dous pobos que eran moi pequenos con cinco casas cada un. E xa volvemos á Pobra. Foi unha viaxe divertida e paseino moi ben.


                                                             Imaxe do Courel. Fonte de  google

luns, 20 de maio de 2019

Regueifa




REGUEIFA



No caderno de galego
debuxei un gran xamón
que non tiña moito xeito
porque parecía un león


Na caderno de galego
debuxei unha empanada
e todos me dixeron
que parecía unha ensalada.