xoves, 6 de xuño de 2019

Viaxe a Mallorca

Ola mundo:

Hoxe vouvos a contar a viaxe que fixen coa miña familia no mes de abril deste ano a Mallorca.
O primeiro día paseamos por Palma. vimos a súa catedral e as rúas do seu arredor. o segundo día pola mañá visitamos as covas do Drach que eran moi bonitas e escoitamos a uns músicos que viñan nunha barca e ademais é curioso que aparecen no meu libro de inglés. Pola tarde miña irmá e eu bañámonos na praia. O terceiro día visitamos o pobo de Soller, alí podeimos subir ao tranvía e despois volvemos nun tren parecido aos das películas do oeste. Moi bonita a paisaxe. Despois de xantar paseino moi ben nas catro piscinas que tiña o hotel e tamén das actividades.

                                         Imaxe das covas do Drach. Imaxe de Lapping fonte pixabay

Ningún comentario:

Publicar un comentario